Sobre xenofobia e outros asuntos

O pleno do día 28/01/2016 foi un pleno que transcorreu de forma bastante plácida, quizá o máis destacado foi a aprovacion definitiva da Ordenanza reguladora da limpeza viaria e ornato público no concello de Tui incluindo todas as alegacións presentadas por C21, só C21 se decatara dalgún aspecto da proposta gobernamental que constituia un verdadeiro despropósito…

Mercadeo orzamental?

O pasado 29 de decembro celebrouse un pleno extraordinario que tiña por principal obxecto o debate do proxecto de orzamentos presentado polo goberno municipal.  No que se refire a C21, xa a finais de novembro fixemos pública a nosa vontade negociadora para nós tería sido máis fácil ubicarnos claramente nunha oposición non colaboradora, porén ofrecímonos a negociar.…

Moción de censura?

Ao día seguinte das eleccións algúns se beliscaban ao ver o resultado de C21, que pasaba de ser quinta (de 6) a terceira (de 8) forza política de Tui, pouco lle durou a alegría a algúns ante o mal resultado do PP de Rocha, a besta negra política de moitos, rápidamente e ante a caída…

Na mala dirección

O pasado xoves día 24 de setembro celebrouse o pleno ordinario correspondente a este mes, xa pasaron máis de cen días desde a investidura do señor Cabaleiro como alcalde, investidura que contou cos dous votos dos concelleiros de C21, é certo que o verán, especialmente agosto é un mes no que é moi complicado avanzar…

Rebaixar a taxa do lixo

Dentro do “Plan integral de rebaixa fiscal para o concello de Tui” que estamos elaborando en Converxencia 21 compre distinguir o tratamento que corresponde darlle ás taxas e aos impostos, as primeiras corresponden á prestación dun servizo e portanto deben cubrir o seu custo, sería irresponsable rebaixar unha taxa se non cubre o custo do…

Empréndese, non molestar por favor

O mundo do emprendimento, aqueles que sosteñen coa xeración de riqueza que producen o País, temos que exixirlle ás administracións que simplemente deixen de molestar, é dicir, que tramiten con axilidade todos os elementos administrativos que dificultan o labor do emprendedor,  comezando polo calvario inicial para ter toda a papelada en regra para comezar a…

As virtudes da secesión

  O divorcio político ou secesión, cuxa adopción sen trabas, suporia un mecanismo que contribuiría a unha orde internacional espontanea, máis pacífica, próspera e libre. Os liberais, ao contrario que estatistas ou socialistas, acreditamos que a unidade de soberanía é o individuo e portanto o individuo debe poder escoller con absoluta liberdade a forma na…