A raiz da polémica surxida co deportista e hosteleiro Manu Garrido considero necesario pedirlle publicamente desculpas por ter feito referencia a unha propiedade persoal del (o seu coche) para descalificar a sua crítica a respeito da miña postura en relación ao gasto no novo centro de piraguismo. Esa referencia ao seu vehículo xa sería desafortunada nunha conversa privada pero moito máis ainda o é se se dí publicamente e co agravante de ser o alcalde quen o dí. Portanto non debo mais que recoñecer o meu erro e facer públicas as miñas desculpas a Manu Garrido e a todos os tudenses.
Manu é unha persoa cuxo éxito deportivo e profisional é absolutamente meritocrático, un home feito a si mesmo e exitoso en todo o que fai, o deporte e os negocios, é portanto, na nosa cidade, un referente social con absoluta xustiza, como liberal encántame que a xente gañe diñeiro satisfacendo as necesidades dos demais no mercado, é máis, o éxito de emprendedores como Manu é clave para a prosperidade de calquera sociedade, tamén da nosa. Nada máis lonxe do meu ánimo que vilipendiar a alguén por gañar diñeiro, todo o contrario, precisamos moita xente como Manu para que Tui prospere.
Ainda que o obxecto principal deste comunicado é desculparme, considero tamén necesario explicar o que pretendía transmitir, o que eu pretendía transmitir nos meus tweets, con nulo acerto nas formas, é que considero que é máis xusta unha soc iedade na que os usuarios dos servizos son os que os soportan economicamente, moi especialmente se os usuarios deses servizos teñen capacidade económica para facelo. En definitiva a defensa dun maior financiamento por parte dos usuarios frente ao financiamento que se basea exclusivamente por parte dos contribuintes.
Comecei a tuitear defendendo a instauración de sistemas de crowfunding asociados ás propostas de gasto da cidadanía, a implicación económica da cidadanía na axuda ás institucións para financiar proxectos da sua preferencia, por poñer un exemplo, sería fantástico se a popularidade e o arrastre de Manu e outros excelentes piraguistas de Tui servira para axudar a recadar fondos, que sumados aos do concello, puidesen facer realidade determinados proxectos, na miña opinión esa sería unha sociedade máis responsable, máis xusta e máis próspera que a que pretende que todo se financie con cargo aos impostos.