Eis os tres libros que publiquei:

2011 “Galeguismo e liberdade”, prologado por Miguel Anxo Bastos, neste ensaio tento desenvolver unha teoría política do liberalismo galego dividido en cinco partes: os principios, a democracia, a economía, as políticas públicas e Galicia.

2014 “Por un Tui próspero”, prologado por Fernando del Río, fago un diagnóstico das causas do declive de Tui e propoño algunhas solucións.

2019 “A miña visión do futuro de Tui”, prologado por Fernando Díaz Villanueva, é un libriño claramente orientado ás politicas públicas que puxen en práctica como alcalde e as que pretendía seguir implementando de ter continuado sendoo.