Xa en xullo do ano pasado saiu á luz unha das constantes trapalladas do goberno municipal do Partido Popular, puñase de manifesto a existencia dunha subvención recibida polo concello de Tui no 2007 para rehabilitar a Casa Escola de Randufe, no decreto da alcaldia que expoño a continuación podemos ver como lle é concedida ao Concello con data 5 de setembro de 2007 unha subvención de 43.118, 70 € para a contratación de persoal para a obra de rehabilitación da Casa Escola de Randufe, ese diñeiro élle ingresado ao concello o 3 de decembro do mesmo ano 2007 e finalmente vemos como o concello devolve á Xunta con data 4 de xuño de 2010 o importe de 296,36 € que, segundo o goberno municipal, é o que sobrou da subvención, ainda que as matemáticas non son o meu forte 43.118, 70 € – 296,36 € = 42.822, 34 €, cantidade esta última que supostamente gastou o concello na Casa Escola.
En definitiva, vendo o documento anterior calquera daria por feito que a Casa Escola de Randufe estará perfectamente rehabilitada, sen embargo, calquera que a vexa poderá ver que non é así, que o edificio permanece nun estado ruinoso como podemos ver na foto tirada a finais de xaneiro.
A pregunta que a todos se nos pasa inmediatamente pola cabeza é, onde están os 42.822, 34 €, señores do Partido Popular de Tui?. Como continuemos moito máis tempo co raposo a cuidar das galiñas cando vaiamos ver o curral encontraremonos cunhas cantas plumas espalladas polo chan.
Nova ao respecto publicada no blogue da AAVV de Randufe Rehabilitacion da Casa Escola de Randufe… cando?