Hai uns días volteime xuntar cun grupo de ex compañeiros de Muebles Hermida, unha empresa dedicada á fabricación de moble xuvenil, de dormitorio e de salón e da que fun Director Comercial entre o 2003 e o 2006, naquela altura a empresa facturaba máis de 20 millóns de euros e tiña máis de 200 empregados.


Cada agosto, durante as vacacións que cada ano a compañía fixa durante ese mes, un grupo de compañeiros, a maior parte dos cales non estamos na empresa xa, varios deles xubilados, vémonos para renovar a nosa amizade e falar do que nós apetece, ainda que eu xa non estaba, son sabedor de que a crise afectoulles negativamente, e pese a non ter a maioría interese persoal xa nela, lamentamos as suas dificultades case como se a sentísemos nosa, e iso é outro logro da impronta de Ángel Hermida Seivane, o fundador e alma mater de Muebles Hermida.

Cos amigos que deixei en Muebles Hermida, este agosto, en Ribeira de Piquin (Lugo)

A sede da empresa encóntrase no Concello de Lourenzá, na comarca da mariña lucense, cando non estaba fóra, durante o meu período na empresa, no que viaxaba máis da metade do meu tempo por España e Portugal, pernoctaba en Foz.


Muebles Hermida é unha empresa familiar fundada por Ángel Hermida Seivane, un home de cualidades extraordinarias, sen Masters, sen idiomas, como a práctica totalidade dos emprendedores galegos da sua xeración, que logrou facer medrar a empresa desde 0, eses emprendedores que en circunstancias nada favorables fóron industrializando Galicia pouco a pouco, unha anédota que nos revela moito da persoaxe é que, desde o Lugo rural, nos anos sesenta e sen saber alemán nen inglés plantábase nas feiras do sector en Alemaña para aprender e ir comprando as máquinas que precisaba para facer evolucionar o negocio.

A fabricación de moble modular é unha industria cun grao de complexidade notable xa que as combinacións e variacións en fabricación son moi numerosas, o grao de excelencia tecnolóxica e organizativa para ser competitivo nun sector como ese non é precisamente pequeno.

Comendo en Viveiro no 2008

Eu particularmente estou moi agradecido á empresa e aos seus responsables por terme dado a oportunidade de madurar profesionalmente e persoalmente ao longo dos tres anos que pasei con eles, proceso de crecimento persoal sempre necesario, pero que a min naquel momento, viñame especialmente ben.

Agardemos que HERMIDA e todos os beneficiarios da sua existencia, nunha zona que non destaca precisamente pola fortaleza do seu tecido industrial, poidan disfrutar da sua continuidade durante moitos anos, en canto aos meus amigos xa quedou pactado que o próximo ano nos veremos no Miño e non no seu nacimento, ubicado a non moitos quilómetros de Lourenzá, senón moito máis perto da sua desembocadura, en Tui.

Aqui no 2007 no Pedregal de Irimia, no Concello de Meira, onde nace o Miño