Non cedas ante o mal, combateo con maior audacia Virxilio n’A Eneida

De como “os malos” usaron o sistema de xustiza para liquidarme politicamente

Onte estaba eu dando unha volta por google e vin que, ao facer buscas co meu nome, “Carlos Vázquez Padín”, ou “Padín alcalde de Tui”, ou outras similares, aparecían algúns resultados de novas referidas aos momentos nos que se dixo que estaba imputado (sen estalo) por desobediencia en relación á execución de sentenza da pirotecnia, ou cando se me xulgou por un delicto leve de coaccións do que fun absolto finalmente, ou cando o concelleiro de En Marea me denunciou a mala fé, en relación a dous asuntos, que foron arquivados por fiscalía pola vía rápida, despois de ter eu prestado declaración de forma anticipada e asistido por avogado de oficio, precisamente por non ter nada que ocultar.

Caso aparte do da pirotecnia, que como dixen é unha sentenza de xuño do 2015 que eu logrei executar en xaneiro do 2019 (adxunto auto de execución da mesma), nos outros tres casos fun denunciado cun fundamento nulo e cunha motivación claramente política, compre dicir que estas persoas obtiveron un exitazo o 26 de maio, ao lograr quitarme de en medio, hai máis causas do pésimo resultado eleitoral que obtivemos, pero todo este barullo que me relacionou durante os meus últimos sete meses na alcaldía con rumores de posibles imputacións, denuncias, etc, evidentemente en nada axudou ao desempeño eleitoral da candidatura que encabecei.

Esas denuncias de persoas interesadas en facerme dano politicamente, o Director Deportivo do Clube Kayak Tudense, o concelleiro de En Marea e a funcionaria de urbanismo, non tiñan nen teñen fundamento. Fun absolto no caso do delito leve de coaccións (adxunto sentenza absolutoria firme) e a fiscalía acabou arquivando as denuncias presentadas polo concelleiro de En Marea, en relación a unhas pretendidas irregularidades relacionadas coa Rua Ourense (adxunto decreto de arquivo) e un suposto menoscabo dunha funcionaria do departamento de urbanismo (a mesma que me denunciou por acoso laboral) causado, segundo o denunciante, pola contratación dun asesor xurídico externo (adxunto decreto de arquivo), Laureano Alonso,o denunciante, é concelleiro do bipartito PSOE-Marea que goberna actualmente en Tui.

A partir de agora ábrese unha nova etapa na miña vida, alonxado da política activa, e o interese deste artigo é dar fé e reunir nun único texto, sempre disponible na miña web, con toda a información pertinente de todos estes asuntos e incluindo os documentos que pechan cada caso, é dicir con posibilidade de analizar a sentenza e os decretos de arquivo, para que se vexa que non teño nada que ocultar e que estou limpo, a día de hoxe calquera que teclee o meu nome en google podería facerse unha idea equivocada sobre que tipo de persoa é Carlos Vázquez Padín, polo que teño a necesidade e o deber de aclaralo.

Vou facelo caso por caso cronoloxicamente, tomando como data de partida a primeira vez que se soubo do asunto:

Achegabanse as eleccións e algúns deberon pensar que os seus intereses estaban en perigo e que había que usar o sistema de xustiza para desfacerse de min, o 26 de outubro do 2018 trascendeu aos medios que o Director Deportivo do Kayak Tudense, Esteban Alonso, me tiña denunciado por un delicto leve de coaccións, nova no Faro de Vigo e La Voz de Galicia, fun condenado en primeira instancia, para sorpresa de varios xuristas, que xa non compartían que fose admitida a tramite unha denuncia dese teor na xurisdicción penal, afortunadamente a Audiencia Provincial absolveume no recurso, cunha sentenza moi contundente que vale a pena ler (sentenza), pero da pena de Telediario e o conseguinte desgaste non me librou ninguén.

A principios do mes de novembro do 2018 saltou aos medios que a fiscalía decidira investigarme por un presunto delito de desobediencia en relación coa execución do precinto e demolición da Pirotecnia de Baldráns, ordenada nunha sentenza do TSXG de xuño do 2015; nova en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo, pasaron as semanas e os meses e nunca me chegou a notificación de estar realmente imputado, de feito todo apunta a que nunca o estiven, ninguén se preocupou de desmentilo con posterioridade, en xaneiro e despois de meses de loita e de obstáculos permanentes por parte da Subdelegada do goberno, e grazas á inestimable axuda do xuiz, que obrigou á Subdelegación a implicarse no imprescindible desaloxo previo dos explosivos, logrei executar a sentenza (auto de execución).

En febreiro soubose que unha funcionaria do departamento de urbanismo me denunciara por acoso laboral, de feito a mesma empregada municipal á que parecía querer protexer o concelleiro de En Marea, coa sua denuncia na fiscalía, presentada en xaneiro (pero que só trascendeu en maio) até o punto, pola coincidencia de intereses a salvagardar e de datas, de parecer accións coordenadas, nova en La Voz de Galicia, o 11 de febreiro do 2019, toda a oposición municipal deu unha conferencia de prensa na que se erixiu en portavoz da funcionaria, non dubidando en facer uso político desa denuncia como se pode ver no Faro do 12/02/2018.

A denuncia é completamente falsa, non houbo acoso de nengún tipo, o que si houbo foi a petición dun informe á Secretaria do concello sobre se podía trasladala a outro departamento municipal, en abril asineille á mesma funcionaria, o traslado que pedía en comisión de servizo ao Concello de Gondomar onde estaba traballando, como persoal de confianza do alcalde, a actual concelleira de urbanismo de Tui do PSOE. Souben a primeiros de xullo, que a titular do xulgado de instrucción Nº1 de Tui chamou a declarar a varias testemuñas e agora estou á espera de que a sua señoría decida se arquiva ou non o asunto.

(Engadido o 02/07/2020) O asunto da denuncia de Myriam Buján Garrido contra min por presunto acoso laboral foi finalmente pechado ao meu favor no mes de xuño de 2020, entendedo a xuiza do Xulgado nº1 de Instrucción de Tui que non hai sustento para a denuncia. Pechando o derradeiro coletazo xudicial da miña etapa política.

O 8 de maio deste ano, o 2019, a un par de días do inicio da campaña eleitoral, trascende aos medios, porque o fago público eu mesmo en conferencia de prensa, nesa liña de transparencia que sempre me caracterizou, e que de tampouco me valeu, que a fiscalía me citaba a declarar como investigado en relación a duas denuncias presentadas por Laureano Alonso, concelleiro de En Marea, nova na Cadea Ser e no Faro de Vigo.

Eu pedín adiantar a comparecencia ante a fiscal, que me recibiu con celeridade, fixeno cun avogado de oficio e o día 20 de maio comunicouseme o arquivo das duas denuncias, un referido a un suposto asunto, de intencionalidade claramente difamatoria, relacionado coas pedras das casas demolidas da Rua Ourense (decreto arquivo) e outra en defensa da funcionaria de urbanismo, este merece moito a pena lelo, a fiscal despáchase a gusto sobre o departamento de urbanismo do Concello de Tui, quizá tendo en conta o histórico do departamento, que menciona no decreto, parece decatarse de que eu non debo ser o “ruin da pelicula” (decreto de arquivo). A fiscal foi rapidísima, o que minimizou os danos, non obstante esta nova polémica, fíxonos moito dano en plena campaña eleitoral, difama que algo queda, debeu pensar o señor Alonso.

En resumidas contas, calquera que vexa o conglomerado de novas en internet sobre min pensará, moi poucos escrúpulos ten que ter ese Padín, para verse no prazo de tan poucos meses envolto en tantos problemas coa xustiza, quixera aclararlles a esas persoas, para que o entendan, que eu me enfrentei cos malos que levaban moitos anos campando ás suas anchas, e estes usaron o sistema de xustiza para tumbarme politicamente, para desgraza de Tui, lograron o seu obxectivo. Eu sairei adiante, pero veremos cales son as consecuencias, que ten para Tui a longo prazo, a estrepitosa derrota política do alcalde que quería porlle coto aos abusos dos malos.

Relación de documentos:

  1. Auto de ejecución de la sentencia de la pirotecnia.
  2. Absolución Audiencia Provincial delito leve de coacciones.
  3. Decreto archivo fiscalía Rua Ourense.
  4. Decreto archivo fiscalía urbanismo.
Estatua da deusa da Xustiza nos tribunais de Vancouver (Canada) Mark van Manen/Vancouver Sun. [PNG Merlin Archive]