Seguindo na miña liña de opinar exclusivamente en asuntos que afectan de forma persoal, hoxe o Faro publica unha nova que me afecta, lamento enteirarme pola prensa, como de costume, o xornalista non me chamou para contrastar a información, a prensa en papel xogou un papel activo para tumbarme como “alcalde perigoso” para o statu quo que entendían que era eu, descoñezo se foi decisión editorial ou simplemente os xornalistas, claramente posicionados na esquerda, se tomaron a xustiza pola man, como diría Rosalía de Castro. A esquerda política e mediática actuaron como unha forza contrarevolucionaria, impedindo que Tui rompese coas dinámicas que trabaron durante os últimos vinte anos a nosa prosperidade.

En novembro dixeron que eu estaba imputado pola pirotecnia pero a imputación non aparece por ningures, ninguén se preocupou de restablecer a miña honra, pero parece que non lles chegou a persecución sen precedentes para un alcalde escrupulosamente neutral e honrado como fun eu, precisamente a esquerda local aliouse con persoas ás que a miña honradez e principios molestaba e ameazaba, fomos testemuñas dunha persecución persoal con cariz ideolóxico, que se a fixera a dereita diriamos que se trata dunha persecución fascista, como a fixo a esquerda pois parece fantástico e moi ético.

O que fixeron determinadas persoas en redes sociais durante o meu periodo na alcaldía, algún xornalista e determinados membros da oposición política ou algúns palmeiros durante os plenos, foi unha persecución puramente persoal e ideolóxica que non dubidou en utilizar a difamación e a calumnia persoal para destruirme políticamente, chegaron a dicirme que as pedras das casas da Rua Ourense estaba nunha finca miña en Lugo!, os fascistas da esquerda saironse coa súa, eu teño a conciencia tranquila e estou orgulloso do meu labor na alcaldía e tamén gañei a nivel persoal porque estou encantado coa nova situación, o tempo dirá se Tui gañou ou perdeu, a min non se me pode reprochar que non me implicara en intentar que fóra ben, o que desde logo non significa que non cometera algún erro.

 

A ponte das febres en Ribadelouro

 

Esta nova da caravana na Ponte das Febres está moi sesgada, a licenza concedeuse porque patrimonio dixo que non había impedimento (como recoñece nun email unha funcionaria), cando despois de concedida a licenza soubemos que no decembro anterior (no do ano 17) patrimonio prohibira a venda ambulante en todos os camiños de Santiago naturalmente procedimos a revocarlle o permiso. É tal o cacao normativo que xa nen os funcionarios se enteran,  isto pasa porque estamos nun inferno burocrático e normativo que é promovido e defendido polos que usaron todo para menoscabar a miña persoa, con miles de normas que ao final resulta imposible coñecer e aplicar e resulta que un dos poucos que alertou sempre ante este problema non só en Tui senón incluso diría que en toda Galcia, fun eu.

E xa remato, eu fixen o correcto co asunto da caravana, concederlle a licenza cando se me dixo que todo estaba OK e revogarlla cando se me informou igualmente de que a concesión non era conforme a direito, en paralelo, puxóseme a pingar porque esa caravana estaba alí, enfin…..