Algo debemos estar a facer ben cando Ángel Alonso, o voceiro da comisión de festas de San Telmo, me chamou fascista a grito pelado na rua o luns de San Telmo por termos sido tan orixinais e audaces de buscar un lexítimo impacto publicitario ao lanzarmos un letreiro luminoso nos xardíns co nome de Converxencia XXI.

Quero agradecer publicamente aos autores desta audaz e imaxinativa idea, José Antonio Quiroga e José Manuel González por ter demostrado unha vez máis que Converxencia XXI é realmente a forza das novas ideas, a forza capaz de innovar para chamar a atención con poucos recursos, xustamente o que agora precisa calquera administración pública, incluindo o concello de Tui, imaxinación e boa xestión dos escasos recursos públicos, algo imprescindible se, como nos facemos, se avoga pola conxelación de impostos.

 

Ten gracia que alguén vinculado de toda a vida ao PP ou a partidos á dereita do PP, como o PADE polo que se presentou como cabeza de lista en 1999 no noso concello me chame a min fascista, pero máis relevante que o calificativo que me aplicou é o seu nervosismo, raiano no histerismo e bordeando a agresión a quen estaba dirixindo o letreiro, ao ver que non era o PP o único que lle podia tirar rédito propagandístico ás festas de San Telmo, eles poden colocar a Moises de abandeirado na procesión cunha clara intencionalidade propagandística pero os demais só podemos mirar.

 

E que esa é a forma de concebir Tui e todo o País por parte do PP, cren os conservadores que o País é deles e os demais non somos máis que decorado, mesmo se crerá o señor Alonso e quen o colocou nese posto, xa que a comisión de festas está descaradamente controlada para maior gloria do Partido Popular,  que o espazo aereo tamén é do PP.

 

Entre ese letreiro e o video “O Pasado” o Partido Popular tudense decatouse de que se lle acabou esta prácida sesta que durmiu estes últimos catro anos co beneplácito da oposición institucional e claro sempre é molesto que te desperten da sesta e que demostren que en 12 anos non fixeches máis que rirte de todos os cidadáns de Tui.