Desde o mes de setembro tiven que asumir a área de Turismo no Concello, e teño que dicir con franqueza, que o goberno que me honro en presidir é o primeiro da historia municipal que se está tomando en serio o potencial turístico de Tui, e vou explicar porqué.
Nos orzamentos que intentamos aprobar xa en febrero do 2018 incluiase xa unha partida para a elaboración dun Plan Director de Turismo, a dotación económica para a contratación dun técnico de turismo estable no Concello, algo que nunca se tivo e dun Intérprete de Patrimonio. Como os cidadáns de Tui saben precisamos catro intentos e multiples negociacións para aprobar os orzamentos, a oposición fixo unha aposta obstaculizadora sabían que eran uns orzamentos transformadores e pensados no longo prazo e pensaron mais nos seus intereses políticos que nos de Tui.
Se os orzamentos tivesen sido aprovados en febreiro, hoxe teriamos xa feito o Plan Director e o técnico de turismo en plantilla traballando, non sei como a oposición, nomeadamente o PSOE, se pode queixar dunha consecuencia do seu obstruccionismo, se hoxe tivemos que contar cunha voluntaria non remunerada para estar presente nalgunha xuntanza do Xeodestino é consecuencia directa do obstruccionismo da oposición, ao non contar con plantilla de Turismo no Concello mais alá do persoal eventual do verán que se contrata por vía do Plan Concellos. Por certo, compre agradecer a esa voluntaria o seu ofrecimento por axudar desinteresadamente.

Novo folleto da Ruta Xudia que se levará a prelo en febreiro.
O que é innegable é que o meu goberno foi o primeiro en apostar seriamente polo Turismo, o Plan Director é o documento básico sobre o que plantexar as apostas de futuro na área do Turismo, a primeiros de Abril teremolo elaborado, pero non estivemos esperando ao Plan Director para pornos a traballar, estanse redeseñando e actualizando todos os folletos, comezando polo rueiro, seguindo pola da Ruta Xudia que estará disponible nun par de semanas e o novo folleto xeral que teremos no mes de abril e no que xa se está traballando, por primeira vez na historia de Tui teremos unha imaxe unificada, moderna e atractiva de toda a documentación que se lle entrega aos turistas: rueiro, ruta xudia e folleto xeral.

Co novo rueiro.
Pero non nos quedamos ai, estamos próximos a conseguir o maior éxito na historia da promoción turística de Tui, xa somos finalistas para entrar na Rede de Xudarias de España, nesa primeira eliminatoria quedou fóra Vitoria, quero agradecer o papel de Suso Vila neste asunto, parece que molesta que colabore con quen axudou nas anteriores eleccións a outro partido, eu non son sectario, e colaborarei sempre cos mellores, cos que mais poden axudar a Tui e Suso é o mellor neste ámbito sen esquecer o interese e impulso de Rafael Sánchez Bargiela, para facer un Tui mellor hai que sumar a toda a xente valiosa, sei que non é o habitual en política pero desde logo eu é o que fago.
Tamén estamos dando os primeiros pasos para incluir a Tui na Ruta da Camelia de Galicia, está xa aprobado no Plan Concellos a remodelación do xardín da Alameda para poder entrar nesa importante ruta de turismo moi selecto e de alto poder adquisitivo, ATUCA esta axudando neste asunto, o proxecto foi encargado a un especialista recomendado pola Sociedade Española da Camelia.

Cos mebros de ATUCA e coa presidenta da Sociedade Española da Camelia, Carmen Salinero, que coñece o noso obxectivo relativo á Ruta da Camelia.
Tamén se completou a sinalización do conxunto monumental que iniciou o goberno anterior e estase pondo en valor o dominio turismotui.mobi que está vinculado a esa sinalización que a pésima relación entre os concelleiros de patrimonio e turismo do goberno anterior mantiña no ostracismo.

A nova sinalización
Pero hai ao menos tres liñas de traballo mais que non vou concretar, pero vou dar pistas; Frei Rosendo Salvado, as aparicións da Virxe de Fátima das Doroteas e o camino de Fátima e atraer un barco turístico ao rio. En definitiva, e por primeira vez, hai un traballo serio e sistemático para por en valor o noso enorme potencial turístico. Señores do PSOE, eu a Fitur fun a traballar, non a sair na foto, xa sei que vostedes son moi defensores diso, de sair na foto, non en van foi Alfonso Guerra quen dixo: ” el que se mueve no sale en la foto”. O goberno que vostedes presidian fixo moitisimo menos que o meu goberno en prácticamente todas as áreas, tamén na turística e na campaña teremos oportunidade de compáralo, sen esquecer que son periodos de distinta duración dous anos e medio contra un ano e medio.