Un concelleiro da oposición publicou no seu facebook un post no que me acusa de pasar uns gastos desproporcionados con cargo ao Concello derivados da miña viaxe a Madrid do día 7 de Noviembro. Despraceime á capital de España co obxecto de solicitar ao Ministerio de Política Territorial un compromiso para o desentullo da zona cero de Paramos.
O devandito informe de intervención que atribue gastos en dietas por un valor de 106,68 Euros, cando eu sufraguei nesa viaxe do meu peto a cea na viaxe de ida, nunha gasolineira, por un valor arredor dos 10 € e ao dia seguinte mais ou menos o mesmo nun restaurante mexicano de comida rápida en Madrid, non conservo os tickets porque nunca tiven intencionalidade de recuperar eses cartos.
A cantidade que aparece de manutención é unha dieta á que teño direito en base ao Real Decreto 462/2002 e que intervención colocou ai de oficio pero que non solicitei, en absoluto corresponde a comidas que eu pagase en Madrid, de feito non vou cobrar esa dieta xa que gastei aproximadamente o mesmo que gasto cando como a diario en varios restaurantes de Tui dos que son cliente habitual.
De feito hoxe mesmo pedinlle informe aclaratorio a intervención, que deixa claras duas cousas, o informe presentado polo concelleiro non ten a miña conformidade como receptor desas dietas, non é portanto válido e ademais explica o da manutención, que incluiu, de boa fé, e ao ser eu acredor a ese dereito, pero que nunca pedín e ao que vou renunciar.
Lamento este tipo de actuacións que teñen o obxectivo de desacreditarme persoalmente e na demagoxia irresponsable, acusaseme de ir de paseo cando en realidade trataba de lembrar aos responsables ministeriais a grave afección dos veciños de Paramos e a falta de atención cara eles do goberno central. Por outra parte doeme como traballador público que se me acuse de cargar ao erario público facturas de desprazamento cando eu como tal tamén fixen o esforzo de viaxar a Madrid, non por pracer, nen porque me apetecera, senón para tratar de axudar aos viciños de Paramos, é paradoxal que os supostos adalides da defensa da plusvalia no traballo desprecen as horas extraordinarias que empreguei, desde logo cunha grande satisfacción moral e sen nengún beneficio económico, posto que na defensa dos intereses de Tui centro a miña vida, vocación e responsabilidade.
Ese concelleiro que demostra moi poucos escrúpulos á hora de acusar de todo tipo de cuestións aos demais e que pide de forma reiterada a miña dimisión, eu contestolle que serán os tudenses o 26 de maio do ano 2019, os que valorarán quen ten que continuar no Concello e con que responsabilidades.