Breve crónica de como logramos que Tui fóra admitido nesta selecta rede formada por vinteduas das cidades españolas con maior importancia patrimonial

Estoulle dedicando a este blogue mais tempo do que me agradaría, ao longo deste mes de agosto, pero quero aproveitar para deixar testemuña dalgunhas cousas, hai poucos días explicaba a apertura da Rúa Ourense, porque xa me sei o que pasará dentro de pouco tempo se non deixo estas cousas claras, como fun un alcalde incómodo para os sectores inmobilistas da dereita e da esquerda, que se uniron para apoiar ao mesmo candidato no 2019, haberá moitos interesados en negar todos os nosos logros, de momento é moi cedo, pero trascurridos un par de anos, algúns comezarán a dicir sen empacho, por exemplo, que eu non tiven nada a ver coa apertura da Rúa Ourense ou coa entrada de Tui na rede de Xudarias.

Como a prensa mainstream, especialmente La Voz de Galicia, ocultou ese importante logro, probablemente o mais importante da historia de Tui no que á sua promoción turística e patrimonial se refire, vou sintetizar o traballo que se fixo para obter ese ingreso, quen me avisou de que había indicios de que a Rede podería abrir un proceso de admisión de novos membros foi Rafael Sánchez Bargiela, nunha mensaxe enviada o 17 de abril de 2018, consciente da oportunidade enviei os días seguintes unha carta mostrando o interese de Tui á xerente da Rede, Marta Puig que podedes ler a continuación:

Xa desde este primeiro momento puxenme en contacto con Suso Vila, unha das moitas vantaxes que temos os liberais sobre a esquerda e sobre a dereita, é que non somos sectarios, Suso é de esquerdas e colaborara no 2015 cunha candidatura especialmente hostil comigo, o habitual en política tería sido excluilo de calquera participación, a min nen se me pasou pola cabeza, sempre que tiven oportunidade contei cos mellores, e neste caso Suso era sen dúbida o mellor para axudarme no obxectivo de entrar na Rede.

Encargueille portanto a redacción de toda a documentación necesaria, nomeadamente a “Memoria” e puxenme á sua disposición se algún obstáculo burocratico ou de calquera outro tipo se encontraba, Suso ten traballado ao longo xa de bastantes anos no estudio e divulgación do legado xudeo de Tui, e ofrecía a garantía de poder facer un óptimo traballo, como así foi.

Fomos convocados para o 9 de xaneiro en Madrid para defender a candidatura de Tui, non souben a quen pedirlle no concello que me preparara unha presentación en power point agradable, non conviña levar algo con aspecto demasiado caseiro, os detalles contan, do contido encargouse Suso e pedinlle a Beatriz González Sousa e a Tuan-Ahn Pham que me fixeran o favor, pasaron unha noite sen durmir para tela a tempo, e este foi o resultado, para unha noite de traballo gratuito non está nada mal.

Como non quería chegar de máns vacias a ese encontro en Madrid encarguei un folleto novo, xa que o que había non daba moi boa impresión, Sherpa Project e a deseñadora Marta Fontán fixeron un excelente traballo, como se pode ver a continuación:

O tribunal estaba presidido por Patricia Valle, alcaldesa da localidade cacereña de Hervás, e tamén formaban parte, Juan Pérez, alcalde de Lucena, o tenente de alcalde de Ávila e a concelleira de turismo de Tarazona.

O día da defensa, Suso e eu repartímonos o traballo, eu fixen a parte institucional e él a patrimonial, non está ben que o diga eu, pero os dous fixémolo francamente ben. Logramos pasar ese filtro, pero convén lembrar que non era un asunto meramente rutinario, Vitoria, a capital institucional do Pais Vasco, a cidade máis grande das seis candidatas iniciais, foi excluida do proceso de admisión despois da sua presentación.

Durante a miña intervención en Madrid para defender a candidatura de Tui, o 9/01/2019

Despois do paso por Madrid eramos optimistas pero non quixen deixar cabos soltos, ese foi o principal motivo do meu desprazamento a Fitur, no mesmo mes de xaneiro, o día 23 visitei o Stand da “Red de Juderias de España” para asegurarme de que transmitiamos con eficacia que o noso interese en entrar era grande.

Visitando en FITUR o Stand da Red de Juderías de España, na foto xunto á xerente, Marta Puig, o 23/01/2019

Despois da ter pasado ese filtro, quedaba antes da asemblea decisoria outro momento importante e non exento de riscos, a visita do “Comité de admisiones” da rede á cidade candidata, neste caso a Tui, o Comité visitounos o 25 de febreiro, realizamos un percurso guiado polos lugares mais singulares do legado xudeo, entre o que destacan pola sua singularidade os Sambenitos, convidamos á visita a Don José, dean da catedral e a Don Santiago, director do museo catedralicio, para reforzar a imaxe de unidade ante o comité, fundamental tendo en conta que os Sambenitos son propiedade da igrexa.

Momento da visita do “Comité de admisiones” da “Red de Juderias de España” o 25/02/2019

Os visitantes sairon de Tui impresionados coa cidade, compre reiterar o que sempre dixemos, a Tui fáltalle marketing, porque produto temos e moi bo, eu traballei arreo na área do turismo no pouco tempo que tiven, sen dúbida o logro do que mais satisfeito me sinto é o ingreso na Rede de Xudarias de España. Teño que confesar que, por ser un doce de orixe sefardí, regalamoslle a cada membro do Comité visitante un paquetiño de peixiños de améndoa das monxas encerradas, foi un convite persoal de Antonio Castro e meu. Poucos dias despois da visita, a Radio Municipal de Tui entrevistou a Marta Puig, a Directora-Xerente da Rede de Xudarias de España, entrevista que podedes escoitar a continuación….

A nosa candidatura chegou con moitas opcións de entrar na Rede á Asemblea Xeral que se celebrou o 27 de marzo deste ano, polo que puidemos saber despois o Comité tiña moi claro que Lorca, Sagunto e Tui eramos meredoras de entrar, había algunha dúbida mais con Bejar e no referente a Calatayud, a asemblea rexeitou a sua candidatura. Finalmente quedaron fóra duas candidaturas, a de Vitoria, xa na presentación incial de xaneiro e a de Calatayud na asemblea de marzo. Ademais de Tui, foron admitidas as cidades de Bejar, Lorca e Sagunto (nota de prensa da Rede para anunciar a admisións dos catro novos membros).

La Voz de Galicia non lle deu cobertura á entrada salvo esta reseña nun suplemento comarcal posterior ás eleccións de maio, con mais de dous meses de atraso sobre a nova.

A xerente da Rede, Marta Puig foi entrevistada no Faro de Vigo no mes de abril e preguntada sobre cales foron os puntos fortes que decidiron a entrada de Tui menciona a implicación municipal como o primeiro deles. A entrada de Tui na rede pode supor un antes e un despois na importancia no panorama turístico da cidade se os sucesivos gobernos saben aproveitalo e para iso requirese un traballo serio de longo prazo, comezando pola posta en práctica do Plan Director e Estratéxico de Turismo que tamén encarguei durante o meu periodo como responsable de Turismo no Concello.

Patricia Valle, alcaldesa de Hervás e presidenta da Rede, faime entrega dun azulexo coa estrela de David na comida celebrada o 25/02/2019