[vc_row][vc_column][vc_custom_heading text=”Visión” font_container=”tag:h2|text_align:left|color:%23f5a800″][vc_column_text]

O noso orgullo de pertenza é plenamente compatible e mutuamente enriquecedor cunha mentalidade aberta e cosmopolita, coa disposición a aprender doutras localidades que traballaron mellor ca nós nos últimos anos. Identificámonos con aquel lema que dicía “pensa globalmente e actúa localmente”.

Debemos recuperar ese orgullo de pertenza, ese orgullo por ser quen somos e a motivación para volver a ser unha localidade especial, non só polo noso pasado, que sempre estará aí, senón tamén polo noso presente e futuro, pola satisfacción de poder deixar aos nosos fillos un Tui mellor do que nos legaron os nosos pais.

[/vc_column_text][vc_empty_space][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_custom_heading text=”O Tui do 2030″ font_container=”tag:h3|text_align:left|color:%23f5a800″][vc_column_text]

O Tui do 2030 que nos gustaría ver e que creemos firmemente que é factible ver, con tempo e apoio para desenvolver esta visión, é un Tui co patrimonio arquitectónico e natural ben coidado, unha cidade mellor estruturada e mellor integrada, un concello onde veciños do rural e do urbano se identifiquen e defendan os intereses comúns, cun sector empresarial con capacidade para empregar a todos os de aquí e atraer talento procedente de fóra. Un Tui cun nivel de vida moito máis alto que o actual como consecuencia da riqueza xerada nos centos de miles de metros de solo industrial hoxe sen aproveitar, xerada por novos emprendementos agrícolas ou gandeiros e polas persoas que nos visiten para coñecer as marabillas monumentais, naturais e gastronómicas que temos que ofertar.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]