Xosé Luis Barreiro dixo en VTelevisión que lle consta que en Madrid había unha “lonxa secreta” de adxudicación de obra pública, nesa lonxa as grandes contrutoras repartianse as obras e xa negociaban a comisión co partido gobernante.

 

O financiamento ilegal en base a comisións por adxudicacións de todo tipo é algo que forma parte do actual réxime partitocrático español, o de Bárcenas non é unha excepción, é simplemente a punta do iceberg, esa pequena porcentaxe da realidade que chega a ser coñecida por parte do grande público, esa mínima parte das cloacas do Estado, as comisións son a forma coa se financian sistematicamente os partidos que se reparten o poder.

 

Os partidos de poder en España (PP e PSOE) teñen unha estrutura de gastos que non sería sustentable doutra maneira, se vivisen exclusivamente das cotas, doazóns legais e dos subsidios públicos que reciben, pese a ser estes moi abundantes, terían que reducir drasticamente a sua estrutura e o gasto nas campañas eleitorais, naturalemente saerianos moito máis barato aos contribuintes, pero iso non lles preocupa o máis mínimo. Diciase tamén no mesmo programa de TV que o gasto que declara o PP en campaña é o que lles custa só o macro mitin que soen montar en Valencia, a documentación que se lle facilita ao tribunal de contas é só a legal, co que a sua fiscalización non pasa de ser unha pantomima montada polo propio Estado.

Naturalmente a fiscalía debería facer o seu traballo, pero que podemos esperar se a fiscalia está controlada politicamente? que podemos esperar cando o fiscal xeral do Estado de turno é un colocado polo partido que goberna, enfin, o sistema está podre, e desa podredume emana o enorme poder que acumulan os dous partidos dominantes.

 

Algúns falan moito da necesidade do control obviando que o controlador e o controlado son o mesmo e que PP e PSOE controlan de forma transversal e con poucas fendas, os poderes executivo, lexislativo e xudicial; tamén controlaban as caixas de aforro que usaban como a sua finca particular e claro, tamén controlaban e controlan o “controlador das caixas de aforro” , o Banco de España e tamén a CNMV.