Estimado Concidadán, Estimada concidadá,

 

O próximo domingo son moitas as cousas que nos xogamos en Tui, xogámonos que as persoas poidamos prosperar en liberdade, que a administración cumpra dunha forma áxil e eficaz a sua función, que non nos suban máis os impostos, que as infraestruturas melloren, que o noso potencial turístico sexa aproveitado para crear emprego e que o diñeiro público sexa usado para o ben público. Necesitamos renovar o goberno local, e necesitamos unha renovación na forma de facer as cousas e non persoas máis novas que fagan o mesmo.

 

Espero que Converxencia XXI se teña feito merecedor da tua confianza nestes dous anos trasladando de forma serena pero moi clara e firme que vimos para traballar de forma incansable e insobornable a favor dos intereses do conxunto dos cidadáns de Tui, sen importarnos nada en absoluto enfrentarnos, se é necesario, ao status quo que pretende que o noso concello non progrese para seguir mantendo un control parasitario.

 

A presentación dunha denuncia ante a fiscalia polo que nos cremos que é unha moi posible malversación de fondos públicos mentres a oposición presente no concello calaba por completo en relación a un tema sangrante, demostra de forma clara e innegable o que estou a dicir.

 

Pidoche en definitiva que nos emprestes por catro anos a tua confianza porque temos demostrado que somos a verdadeira garantia de cambio en Tui, a verdadeira garantia de que os cidadáns de Tui sexamos finalmente respectados pola administración e o goberno que financiamos como contribuintes. Tendo xerado un círculo virtuoso que afecta ás demais forzas políticas que levaban sesteando moitos anos, a mellor forma de contribuir a reforzar ese círculo virtuoso onde todos os políticos teñamos incentivos para mellorar constantemente é, neste momento, votar a Converxencia.

 

Hoxe venres ás nove da noite celebraremos o MITIN DE PECHE DE CAMPAÑA no Parador.

 

Un saudo e grazas pola tua atención,

 

Carlos Vázquez Padín