En relación ás afirmacións que poderian dar a entender que a reforma do centro municipal de piraguismo non se fai por algún tipo de decisión dalgún responsable municipal, compre desmentilo e aclaralo convenientemente, poucas semanas despois de ser eu alcalde, encargouselle ao mesmo que Estudio de arquitectura que elaborara anteriormente o anteproxecto que se tramitase todo o necesario para a reforma do edificio que emprega o Kayak Tudense.
Tanto aos proxectistas como ao clube usuario do espazo se lles trasmitiu pola miña parte que, na medida do orzamento disponible, o Kayak Tudense fose escoitado no que se referia ás suas preferencias na organización do espazo, os proxectistas foron seguindo todos os pasos e foronse solicitando os permisos sectorais, pasos que describo, coas suas correspondentes datas, a continuación:
6/11/2017 – Costas do Estado remitiu a Urbanismo da Xunta a petición de autorización sectorial ao considerar Costas que era a administración autonómica, e non eles, os competentes para informar neste caso.
22/03/2018 – Chegou ao Concello o informe favorable de patrimonio da Xunta. A partir deste momento só quedaba pendente o informe sectorial de Urbanismo, que fora remitido ao organismo decisor o 6/11/2017.
03/08/2018 – A resposta chegou o – A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Terriotorio, Xefatura Territorial de Pontevedra – Servizo de Urbanismo, emite informe (INF-2017.246) no cal, en aplicación do artigo 13.bis.3 da Lei 22/1998 de Costas, interpreta que a ampliación pretendida nas Instalacións do Club Kayak Tudense – Axuda Paramos non poden ser autorizadas, xa que en aplicación de dito artigo ” os titulares das obras que tras a revisión do deslinde se incorporen á zona de servidume de protección poderán realizar obras de reparación, mellora, consolidación e modernización sempre que non impliquen aumento de volume, altura nin superficie”
17/08/2018 – Facilítase desde o Concello copia da notificación ao equipo redactor do anteproxecto.
05/10/2018 – Reunión na Xefatura Territorial de Pontevedra – Servizo de Urbanismo coa xefa de servizo e a técnica encargada do estudio do documento, na que asiste Eduardo Freiría (en calidade de Concelleiro de Deportes), Esteban Alonso (director deportivo do Kayak Tudense), Manuel Pedrares (entrenador do Kayak Tudense) e Leandro Nogueria (do equipo redactor). Na reunión expuxéronse argumentos polos que a ampliación pretendida ten que ser viable, como son o indicado no punto 2, do artigo 25 da mesma Lei 22/1998 de Costas, no que se di que “Con carácter ordinario, só permitiranse nesta zona, as obras, instalacións e actividades que, pola súa natureza, non poidan ter outra ubicación”, como é o caso da instalación do Club Kayak Tudense. Nesta reunión acórdase presentar un escrito de alegacións.
15/10/2018 – Preséntase no Concello de Tui escrito de alegacións redactado polo equipo redactor, no que se xustifícase a viabilidade da ampliación pretendida, en base ao artigo 25 da LC, apórtanse exemplos de edificacións da mesma natureza realizados nos últimos dous anos en Galicia, xustificacións da necesidade de ampliación de espazo, en función dos usuarios actuais e escritos das Federacións Galega e Española que respaldan dita ampliación, todo elo, para conseguir un cambio na interpretación da aplicación da Lei 22/1998 de Costas, que é o motivo polo que o expediente non avanza.
16/10/2018 – O concello remitiu o escrito de alegacións, desde a presentación de dito escrito de alegacións tanto o equipo redactor como desde o Concello nos temos posto en contacto coa Xefatura Territorial de Pontevedra – Servizo de Urbanismo para interesarse sobre o estado do novo informe, sen que até a data se teña emitido este novo informe.
O sentido dese informe é determinante, se volta a ser negativo, o proxecto tería que readaptarse á volumetría actual e desde o Concello se continuaria dando pasos, en caso de ser positiva a resposta ás alegacións procederiase a redactar o proxecto de execución definito do novo Centro Municipal de Piragüismo.
Somos coñecedores das malas condicións que na actualidade ten o Centro de Piraguismo e continuamos traballando para facer viable a sua reforma en profundidade.