Vou resumir a intrahistoria das negociacións para a configuración dun novo goberno, nós sabíamos que era moi dificil, estabamos propondo cinco demisións, pero a renovación dunha dereita que foi particularmente lesiva para o noso concello ben valia o esforzo de facelo da forma máis coidadosa posible, primeiro, ainda en decembro, citei aos voceiros no concello de PP, CT e APTUI por separado e por orde de representación, de máis a menos, plantexeille aos tres a miña proposta coa maior delicadeza que se pode plantexar unha petición innegociable de demisión que nunca  é agradable de oir, e os tres me dixeron que si, que estaban dispostos a irse.

Despois houbo unha serie de encontros con cargos do PP de rango supralocal, inicialmente dixeronme que era moi dificil e que tiñan outras opcións, xa en xaneiro dixeron que estaba feito pero que era preferible, facer primeiro a moción e despois as demisións, como para fiarse! Dixenlles que non, que non había nada que ocultar, que a operación  era 100% lexítima e non había que avergoñarse dela en absoluto, o PP estaría quedando como un partido con capacidade de rexenerarse (o que agora vemos que non ten) e C21 poderiase sentir orgullosa de ter facilitado unha renovación tan necesaria para Tui e para a dereita. É agora evidente que o de facer primeiro a moción e despois as demisións era unha trampa na que afortunadamente non caimos.

Estes cargos supralocais do PP pedironme a máxima discreción, o que non me dixeron é que eles non estaban en condicións de garantirme o mesmo,  ata o punto que o venres pasado, 20 de xaneiro, non lle collín o teléfono ao xornalista da SER que decidiu dicir unha serie de cousas que a sua imaxinación creou, nun vergoñento exercicio difamatorio que despois se negou a rectificar, negándose a entrevistarme o luns 23, pero cal a miña sorpresa cando no mesmo programa radiofónico sae Rocha dicindo que non sabe nada e que fun eu o que pedin falar con Alfonso Rueda.  O compromiso de discreción quedaba roto polo PP, polo que desde C21 decidimos o domingo 22 emitir unha nota de prensa explicando as nosas intencións.

O día 24 o PP acaba de anunciar o rexeitamento da posibilidade de constituir un novo goberno renovado con C21, as persoas que ocuparon postos de responsabilidade nun periodo que para Tui foi nefasto, non se queren ir, naturalmente poden facelo, obtiveron os votos para estar ai, pero non o poden facer sen consecuencias, ademais se non se van agora non se irán no 2019, as forzas que controlan o partido ou loitan por controlalo seguirán pelexando para colocar os seus peóns pero as cousas mudaron, quen manda no PP xa non manda en Tui, agora hai dous competidores fortes, o PSOE e C21, nós podemos ser aliados dunha dereita renovada, nunca desta dereita. O congreso local do PP previsto para marzo vai ser moi pero que moi movido e non é descartable que os sectores máis libres e lúcidos se aproximen a C21, onde serían benvidos. e algúns cazadores de rendas podenselles ir ao PSOE que é quen manexa agora o diñeiro sustraido aos contribuintes. O inmobilismo non lle vai sair barato ao PP.

Agora hai un goberno da esquerda, moi en precario e que non o está facendo ben (ainda que mellor que o PP sí), con tics autoritarios, que actua con arbitrariedade, mentres o PSOE comeza a tecer as suas redes clientelares co diñeiro de todos, as redes clientelares do PP comezan a notar a falta de alimento e a debilitarse, as fidelidades ideolóxicas son moi fortes, as fidelidades por favores son moito máis fracas e tenden a esquecerse rápidamente, Rocha experimentou o abandono de moitos no 2015, catro anos despois de deixar a alcaldia, no 2019 e partindo da oposición, un PP integrado total ou parcialmente polos concelleiros actuais ou por persoeiros do pasado da dereita terá un afundimento moi forte, a maioria absoluta é inviable xa para eles e portanto o retorno ao poder tamén xa que non teñen aliados potenciais se non renovan.

Se non se renovan agora, tampouco o farán en 2019, C21 abre as suas portas a aquelas persoas de boa fe que hai no PP e que queren traballar por Tui e non para cazar rendas persoais, o PP só se renovará cando se vexa nunha situación similar á de Tomiño, cun goberno consolidado da esquerda e iso vaticino que pode pasar no 2023 ou mesmo no 2019, veremos, o PP deixou o listón tan extremadamente baixo, a nivel subterráneo en cuestión éticas e de xestión que con abrir a rua Ourense e con contestar tres escritos a xente vai pensar que estamos en mans duns fenómenos da xestión pública, C21 daría un salto importante na calidade da xestión pública a respeito do PSOE, pero de momento non o veremos. Despois que non veña queixándose ninguén dos abusos de poder, da compra de votos mediantes subvencións, da débeda municipal, das brutais subas de impostos que nos agardan se a esquerda se consolida en Tui.

Quixera facer un comentario ás intervencións criticas no facebook, coa excepción dun par delas, que criticaron con educación e argumentos, o resto foron dunha agresividade e intolerancia moi notable, xente case toda afin aos partidos da esquerda, bordeando o insulto e facendo ataques e descalificacións persoais simplemente polo “pecado” de plantexar unha posibilidade absolutamente lexítima e democrática, terrible a exhibición de intolerancia, tocante no odio ao discrepante, dalgunhas persoas, ademais baseadas nunha irracionalidade absoluta, pode haber algo máis ridículo e difamatorio que acusar a quen pon condicións moi complicadas e a quen xa poderia estar ocupandoa de querer ocupar a poltrona a toda costa?, suponse que algúns se deberían alegrar das demisións que eu propuña, pois parece que non, que prefiren que sigan esas persoas, ningún dos que interviron para criticarme me recoñeceu que sería positiva a marcha dos historicos da dereita, moi curioso, non?, estarán desexando que sigan?. O desagradecemento de algúns convirtese agora en ataques “ad hominem” e estes son os que presumen de superioridade moral?.

C21 continuará facendo o seu labor de oposición no concello apoiando ao goberno nas reformas necesarias e tratando de frenalo cando o que pretenda sexa restrinxir a liberdade e os dereitos de propiedade, para nos hai varios meses que xa non teñen o beneficio da dúbida.