O goberno municipal propuña este ano que o festivo do Entroido continuara sendo o luns, xa durante o periodo do anterior goberno, desde C21 logramos convencer ao resto dos grupos da oposición para que fose festivo o luns de Carnaval, en lugar do martes, como estábamos en maioría, o pleno marcou como festivos os luns de entroido do 2016, 2017 e 2018, este último xa durante o noso periodo no goberno municipal, a finais do 2018 o pleno fixou as datas dos festivos locais para o 2019, a proposta da oposición, que se encontra en maioría de nove contra oito neste momento na corporación, logrou aprobar a sua proposta de que o festivo regresase ao martes de Carnaval.
Desde C21 defendimos e propuxemos que os festivos se ubicasen sempre en luns, o luns de San Telmo por un lado, e tamén sempre entendimos que o outro festivo local debía ser tamén en luns, por iso xa a finais do 2015 logramos instaurar para o ano 2016 que no Entroido o festivo pasase do martes ao luns, as vantaxes son numerosas.
A continuidade dos festivos coa fin de semana é beneficioso para os traballadores e para as empresas, favorece a produtividade, favorece o descanso e favorece o lecer, pola sinxela razón de que lle dá continuidade ao traballo e ao descando, é dicir, non interrompe o descanso nen interrompe o traballo, a semana acaba tendo os mesmos días de descanso e de traballo pero con continuidade, sen interrupcións.
Os días de mais produtividade nunha semana normal son os do medio, ter un festivo en medio da semana, un martes, mercores ou xoves, crea a sensación de ter dous luns e dous venres dentro da mesma semana, penalizando a productividade das empresas e por tanto perxudicando, nunha medida non desprezable, a boa marcha das empresas e o emprego. Nada que dicir da cuestión do descanso, a continuidade dos días de descanso favoreceno e dan maior flexibilidade para organizar o lecer.
Neste asunto tamén, a oposición municipal demostra a nula responsabilidade da sua toma de decisións, dedicase a levar a contraria polo pracer de levar a contraria, por se fora pouco o martes é pior dia para o desfile de Entroido, coincide con moitos outros desfiles o que dificulta moito a atracción de comparsas. No próximo mandato se está en mans de C21, o festivo voltará a ser o luns.